.....||:.....
.....|.....
.....|......
.....|......
.....|......
.....:||

De esquerda a dereita: David Ethève, Zeltia Montes, Nani García e Ignacio Vilar. Coa 'Galiza Filme Orquestra'
(Foto: Miguel Ares / Foto Páxina Inicio: Miguel Ares)
|
Zeltia Montes Muñoz, compositora de música pra cine, televisión e música de concerto, nacéu en Madrid, o 22 de marzo de 1979. De padre galego y nai madrileña sempre se sintíu profundamente ligada a ambos lugares. Comenzóu a estudar piano aos 4 anos de idade. ingresóu no Conservatorio Federico Chueca pouco despóis. Empezóu a compoñer de forma natural aos 9 anos e soubo que sempre querría seguir a facelo como proceso de autocoñecemento íntimo e como forma de comunicación cos demáis a través duhn medio máis puro e verdadeiro. Recibíu o seu Título de Profesor de Piano do Conservatorio Profesional de Música de Madrid, e máis tarde o Título Superior de Solfeo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento, do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid no ano 2002. Nesa época preparóuse como pianista clásica estudando principalmente con Julio César Setién. Posteriormente estudóu música moderna na Escola de Música Creativa de Madrid onde se especializóu en armonía, composición, voz e piano modernos. En xaneiro de 2005 trasladouse a Boston pra estudar Música pra Cine na recoñecida Universidade "Berklee College of Music" onde lle foron outorgadas as becas "Berklee Achievement Scholarship" e o "International Grant". Durante a sua etapa de estudo en Berklee foi elexida presidenta da Sociedade de Compositores de Berklee, a asociación de músicos máis numerosa e antiga da devandita Universidade. Recibíu ademáis o premio de Composición "Youth Concerts at Symphony Hall" 2007, otorgado polo Departamento de Composición. En Berklee foi alumna dos más distinguidos profesionais de cada especialidade, destacando os compositores contemporáneos John Bavicchi, Tom McGah, Francine Trester, Dennis Leclaire, Yakov Gubanov e James R. Smith, os directores de orquestra Louis Stewart, Ronald Feldman e George Monseur, os compositores de música pra cine Sheldon Mirowitz, Jon Klein e Richard Davis, e o editor musical Eric Reasoner. En maio de 2007 graduóuse no "Berklee College of Music" acadando unha dobre licenciatura nas especialidades de Composición e Film Scoring (música pra cine) consiguindo o máximo premio fin de carreira, Summa Cum Laude. Na actualidade, combina a sua actividade como compositora de música pra cine e televisión cos encargos de obras pra distintas orquestras. Foi elexida como compositora da nova orquestra 'Berklee Contemporary Symphony Orchestra' pra a tempada 2007-08, e da prestixiosa Orquestra de Música Contemporánea ALEA III, dirixida polo maestro griego Theodore Antoniou e considerada coma unha das mellores orquestras de cámara do mundo. Recentemente realizou a música pra a cabeceira da serie de documentais "El Camino del Cid" pra TVE e a Banda Sonora pra a película "Pradolongo" do director galego Ignacio Vilar pola que gañou o premio Premio Jerry Goldsmith na categoría de mellor Banda Sonora Orixinal pra Longametraxe no IV Congreso Internacional de Música de Cine "Ciudad de Úbeda" 2008. Neste mesmo certamen recibíu tamén o Premio Jerry Goldsmith Award 2008 o mellor compositor novel, máximo galardón elexido entre os gañadores de cada categoría. A música de Pradolongo foi nominada aos Premios Mundo BSO 2008 (a mayor web de bandas sonoras comentadas do mundo) como unha das cinco candidatas a Mellor Banda Sonora Española do ano. No ano 2009 gañou o premio "Director's Choice Gold Medal for Excellence" por "Pradolongo", Premio o Maior Impacto Musical nunha Película na 6a edición do "Park City Film Music Festival", Utah (EEUU). Neste mesmo ano recibiu o premio "Best Music in a Documentary" no concurso de bandas sonoras da 7a edición do "Garden State Film Festival", New Jersey (EEUU) pola música para a cabecera da serie documental "O Camiño do Cid". Foi nominada aos "Premios Mestre Mateo 2008" da Academia Audiovisual Galega na categoría de Mellor Música Orixinal e á VIII edición dos Premios Goldspirit como Mellor Compositor Revelación. O CD coa Banda Sonora da película Pradolongo acaba de ser editado e está dispoñible en tendas de toda España e en todo o mundo por mor das tendas online. Dende maio de 2008 reside en Los Angeles. |